Descubrir os Estudos: XX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional

Image

Do 26 de marzo ao 20 de abril de 2012 terán lugar as XX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL que se organizan en colaboración entre o Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Educación, as Universidades da Coruña, Santiago, Vigo e a UNED, os centros de FP e a Escola de Artes da Coruña.

INSCRICIÓN: Os 53 centros de educación secundaria inscritos nesta nova edición das Xornadas, teñen que REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZAS DO ALUMNADO INTERESADO na FICHA DE SOLICITUDE ESPECÍFICA DE "DESCUBIR OS ESTUDOS", entre o 6 ao 24 de febreiro de 2012.

A inscrición ás visitas guiadas aos centros de FP e á UNED será nominal, mentres que a inscrición as mesas será só numérica.

Para elo é necesario utilizar a mesma clave de acceso que na inscrición anterior. No caso de tela esquecido, solicitala no ”Servidor Central” no teléfono 981 902 327 (de luns a venres de 9 a 13 h.) ou por correo electrónico: gestionim@edu.coruna.es).

CALENDARIO DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:

XORNADAS:

AVISO IMPORTANTE: Cambio de datas das visitas programadas para o 29 de marzo de 2012.

- Visita á UNED: mércores 28 de marzo ás 17:00 h.

- Visita ao IES Calvo Sotelo: venres 30 de marzo, 10:00 e 12:00 h.

- Visita ao IES Urbano Lugrís, ciclos superiores: luns 26 de marzo, 16:30h.

* Entrega de credenciais nos centros a partires do 19 de marzo.

MESAS INFORMATIVAS:

* Mais información no capítulo de “Descubrir os Estudos” do libro dixital de “Aprender en Coruña 2011-12”:

Aprender en Coruña 2011-12



| Vista de impresión |