Consello Escolar Municipal (o 10 de outubro, celébrase o seu 25 Aniversario)
O Consello Escolar Municipal é o INSTRUMENTO MÁIS ALTO DE PARTICIPACIÓN DA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR CIDADÁ. Trátase dun organismo que integra todos os colectivos sociais implicados ou interesados na función educativa e que por ilo está en condicións de ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que deben axudar a decantar e clarificar os problemas que se deriven do funcionamento do sistema educativo; por tanto, presta unha valiosa aportación de asesoramento.
Por todo ilo, faise necesario que todos os membros deste Consello aporten creatividade, ideas novas, interese, esforzo e adicación co fin de que se poidan producir no seu seno valoracións obxectivas e propostas fecundas para o mellor desenvolvemento da educación en A Coruña.
COMPOSICIÓN:
Presidente: Alcalde ou Concelleiro no que delegue.
Conselleiros:
- 1 Representante da Administración Educativa.
- 10 Membros designados pola Corporación Municipal.
- 6 Pais/Nais de alumnos, propostos polas federacións de APAs.
- 10 Profesores de niveles educativos correspondentes á ensinanza non universitaria, propostos por sindicatos ou asociacións profesionais de forma proporcional á representación obtenida nas eleccións sindicais do sector docente: 6 pertencentes ao sector público e 4 pertencentes ao sector privado.
- 4 Alumnos/as, elexidos polos representantes de alumnos nos Consellos Escolares do Centro existentes no concello.
-
Consello Escolar Municipal: Composición, Regulamento interior e Funcións.
Neste apartado poderás coñecer a composición, regulamento interior e as funcións do Consello Escolar Municipal.
-
"Informes sobre el Estado de la Enseñanza/Educación en el Municipio"
Durante estos 25 anos leváronse a cabo 3 informes, nos anos 1989, 1992 e 1997. A continuación, poderás ver un breve resumo dos mesmos.
-
Consello escolar de Galicia
Creouse en 1986 como foro de reflexión, expresión e achega de ideas dos representantes de todos os sectores sociais na política educativa de Galicia.