A festa do magosto

A castaña e o castiñeiro

A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Desde o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras. Na relixión celta, o castiñeiro debeu de ser venerado polos seus druídas, en compaña do carballo.

O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos. Eles axudaron a expandir esta árbore e introducila de xeito intensivo no noso país. Ata a chegada da pataca e o millo, despois do descubremento de América (s. XV) o seu froito, a castaña, constituíu a base da alimentación en Galicia, e en moitas zonas da Península Ibérica.

As castañas comíanse asadas, cocidas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano. Para poder degustalas con maior comodidad, nalgúns sitios as sirven nun cucurucho ou atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar chamado zonchos.

O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción cada ano. Cada vez mais, a invasión de piñeiros e eucaliptos denigra os nosos montes e fainos presa dos incendios. Tamén foi atacada por enfermedades difíciles de atallar como o "chancro" e a "tinta".

Moi poucas árbores prestaron tanto servicio ó home como o castiñeiro. A súa madeira serviu para facer lume e resulta de gran utilidade para a fabricación de mobles, apeiros de labranza, vigas das casas, portas, fiestras, cancelos, cercados e tamén os útiles e apreciados cestos empregados en tan diversas tarefas agrícolas da nosa cultura. Tamén o seu froito, agachados no interior de ourizos esféricos, no pasado alimentou a moitas poboacións e segue consumíndose polo alto poder alimenticio que encerra. Tamén o comen os animais domésticos así como as súas follas.

				Image

O castiñeiro (Castanea sativa) é a árbore que produce a castaña, ademáis de embelecer a nosa paisaxe, protexer e mellorar o ecosistema humano.

A castaña proporciona uns benefícios considerables tanto polo valor real das exportacións como polo número de quilos comercializados directamente ou por medio de productos derivados, especialmente das castañas confitadas.

As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar o viño novo e celebrar o día de " San Martiño". Tanto nas aldeas, pobos e cidades, os homes lembran antigos pratos tradicionais que se comían en casa dos seus avós, feitos ou acompañados de castañas.
Xa o di o refrán: "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

A festa do Magosto

Existen varias teorías sobre a orixe do nome do magosto: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico o feiticeiro.

O magosto tradicional é unha merenda-cea no mes de novembro, nos días próximos ó San Martiño. Nesta festa hai principalmente castañas e viño novo, aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco, augardente para a queimada...

				Image

As familias e os amigos reúnense e camiñan polos montes en busca dun lugar axeitado (escampado, encrucillada, longa laxa de pedra...) para facer unha cacharela, onde o lume non poida facer mal. Todos van cantando e disfrutando deste día de outono, á vez que recollen os materiais necesarios para prender o lume, como a palla, piñas, etc.

Cando o lume está acendido, pícanse as castañas para que non rebenten ca calor.

Xa ca cacharela apagada, amoreamos as brasas e poñemos unha parilla e nela un cilindro metálico con furados que poida xirar sobre o lume no que iremos colocando as castañas xa picadas. Darémoslle voltas cun pau longo de madeira ata que estén no seu punto.
As castañas tamén poden asarse no lume directamente.

Mentres se asan as catañas, os participantes fan cucuruchos con papel para poder collelas sen queimarse.
Ó longo da festa faranse xogos populares, tamén bailaremos, contaremos contos, cantaremos,... e como non, saltaremos a fogata para que nos dea boa sorte.

Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.

¡Celebremos este homenaxe ós castiñeiros e as castañas!

  • 				Variedades das castanas
			  Variedades das castañas

    Coñece os nomes mais frecuentes que reciben os diferentes tipos de castañas que produce un castiñeiro.

  • 				Propiedades e indicacions do castineiro e a castana
			  Propiedades e indicacións do castiñeiro e a castaña

    Verás as suas propiedades más destacadas e os efectos positivos que teñen para nós.

  • 				Contos de Maria Castana
			  Contos de María Castaña

    ¿Queres escribir o teu conto das castañas e o magosto? Só tes que escoller entre algún destes comezos e completalo usando a tua imaxinación.

  • 				Receitas de castanas
			  Receitas de castañas

    Nestas receitas encontrarás os pasos a seguir se queres facer algúns dos sabrosos pratos que podemos preparar cas castañas.

  • 				Icono de la noticia
			  Cantigas do Magosto

    Podes aprender esta cantiga e despois entonala cos teus amigos ó carón da cacharela.

  • 				¿Festexaras o magosto?
			  ¿Festexarás o magosto?

    As castañas son moi típicas nesta época de outono, e tamén as festas nas que os amigos, veciños e familiares xúntanse para cocelas nas cacharelas e comelas ao son da música. ¿E ti o festexas?
    .

    (Contabilizados 10 votos).
  • 				Enlaces 
			  Enlaces

    Moita da información e imaxes contidos nesta sección os poderás atopar nos seguintes enlaces.