EMBLEMA DE LA CIUDAD

Torre de Hércules

(canalvoz canalvoz)

La Torre de Hércules y su entorno El parque arquitéctonico que rodea a la Torre resalta aún más su belleza

Monumento máis antigo e ilustre da Coruña e elemento principal do seu escudo, a Torre de Hércules é o faro romano máis antigo que continúa en funcionamento. Segundo a lenda, Hércules cortou a cabeza do tirano Xerión neste lugar e tras enterralo, levantou a Torre sobre o mesmo emprazamento. A torre perdeu, posiblemente, o seu uso marítimo, durante a Idade media ao converterse en fortificación.

Foi construido no S II d.c. na época do emperador Trajano, por un arquitecto portugués chamado Cayo Sergio Lupo. O estilo actual que presenta a Torre débese ás obras realizadas entre os anos 1788 e 1791 baixo a dirección do Tenente de Navio Eustaquio Giannini. O edificio é de planta cuadrada e ten unha altura total de 68 metros. Na fachada destacan dúas ventás rectangulares emprazadas entre piso e piso e que están tapiadas total ou parcialmente. No interior da Torre presneta a súa estrutura orixinal romana.

Visita recomendada

Ningún turista se pode ir da Coruña sen ter visitado este emblemático faro. A súa beleza arquitectónica únese ás magníficas vistas que o rodean e que o converteron ao lugan nunha das mellores zonas verdes da cidade. O paseo pode comezar na estatua de Botero que se sitúa xunto ao párking cercano. Ascendemo á torre e retrocedemos a unha época anterior. Diante nosa sitúanse os 242 escalóns que nos levarán á cima do faro. O esforzo val a pena porque o visitante verase recompensado cunha panorámica extraordinaria da cidade. O Atlántico, os areais cercanos, o perfil costeiro e parte do núcleo urbano da Coruña observaranse desde este punto elevado.Abaixo, sitúase a chamada Contorna da Torre de Hércules, é dicir, un xardín escultórico no que colaboraron varios artistas importantes. Unha das obras máis importantes é A Rosa dos Ventos, realizada por Javier Correa. Trátase dun mosaico circular de 25 metros de diámetro sobre o cal se pode transitar. A obra é de gran colorido e representa diferentes iconas en torno ao celtismo.

Ao baixar da torre poderemos observar o Caronte, de Ramón Conde. Trátase unha escultura realizada que representa a un vixiante. Elévase sobre un pedestal non moi alto, que o separa lixeiramente do espectador.