Construída en 1926
Igrexa de San Xoán Bautista de Eirís
(Canal Voz Canal Voz)
La iglesia / La Voz de Galicia
A igrexa de San Xoán Bautista de Eirís está situada na parroquia de Santa María de Oza. Trátase dun edificio construído en 1926 obra do arquitecto Leoncio Bescansa Casares. É unha igrexa moderna, aínda que de estilo neogótico, realizada en formigón. Conta cunha planta con tres naves cubertas por bóvedas oxivais, con cinco tramos na central e catro en laterais.
A súa cabeceira é pentagonal, flanqueada por corpo baixo á dereita e torre de campás (octogonal con esvelto chapitel) no extremo do noroeste. A fachada está pintada en amarelo pálido e cunha franxa gris no extremo inferior. Non conta con excesiva decoración, de feito esta queda case relegada a vans apuntados, o rosetón da entrada e a cornixa.

