Día Internacional da Muller, 8 de marzo

"Os dereitos humanos da muller e da nena son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. A plena participación, en condicións de igualdade, da muller na vida política, civil, económica, social e cultural nos planos nacional, rexional e internacional e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo son obxectivos prioritarios da comunidade internacional."

(Declaración e Programa de Acción de Viena, parte I, párrafo 18)

Image

O Día da Muller, que últimamente tiende a ser coñecido como Día Internacional da Muller, (8 de marzo) é unha data que celebran as mulleres en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

A idea dun día internacional da muller xorde ao final do século XIX en plena revolución industrial e auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia, tratada na famosa obra de teatro Lisístrata, onde se expón unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra. Reflectida na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino, pero non foi até os primeiros anos do século XX cando se empezou a proclamar, desde diferentes internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.