Unímonos ao Día Internacional da Cidade Educadora 2017

Con motivo desta efeméride que se celebrará o 30 de novembro, compartimos por adiantado o manifesto dos alcaldes e as alcaldesas da Asociación Internacional de Cidades Educadoras co que ratificamos o noso compromiso co dereito á educación como motor de progreso.

O obxectivo que recolle este escrito é artellar unha gran rede local de axentes educativos en torno ao proxecto das Cidades Educadoras para converter os espazos urbanos en lugares nos que se facilite o acceso ao coñecemento e se transmitan valores e actitudes para que as persoas desenvolvan as súas capacidades e se impliquen na mellora das súas comunidades.