Publícanse as listaxes de persoas admitidas e excluídas na segunda convocatoria do Proxecto Acoreuropa VI

O Concello da Coruña publica as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso de inscrición da segunda convocatoria do proxecto Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI.

As persoas admitidas quedan convocadas a unha entrevista persoal o próximo mércores, 28 de febreiro, ás 10 horas. As entrevistas terán lugar na sede do Servizo Municipal de Educación, sita na avenida da Mariña, 18 (frente ao edificio de Correos). As persoas convocadas teñen que asistir co DNI.

O proxecto Acoreuropa VI é desenvolvido pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados.

As bolsas permitirán o desenvolvemento de prácticas formativas durante tres meses en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal.

O programa está dirixido a persoas tituladas en ciclos medios de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2017 e que realizaron os seus estudos nalgún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIF Someso, IES A Sardiñeira, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, CPR Cruz Vermella, CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo La Paz.

ACLARACIÓN DE DÚBIDAS:
Servizo Municipal de Educación
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. 15001 A Coruña
Correo-e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200, extensión 12114