Bolsas Junior Year 2018-19

Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE. UU. ―equivalente a 1.º de Bacharelato―, así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Asemade, constitúe o obxecto do programa a educación das persoas participantes no respecto á diversidade cultural, racial, sexual... e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Información do Junior Year no libro dixital