Convocado o Premio Concepción Arenal

A Deputación da Coruña vén de anunciar a apertura dunha nova edición do Premio Concepción Arenal, ao que poden presentarse proxectos educativos de infantil, primaria e secundaria que fomenten a igualdade de xénero.

O obxectivo deste galardón, que está dotado con 5 000 euros en cada unha das tres categorías, é promover nos centros a realización de programas de actividades que traballen o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúan a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e a respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

O prazo de inscrición manterase aberto ata o 14 de novembro.

Bases

Image