Actualidade

  • Imagen como Icono Paisaxes de Compostela III: a ribeira do Sarela e San Lourenzo de Trasouto
    Forma parte do programa "Entendendo a cidade. Roteiros comentados". Centro Sociocultural O Ensanche (Santiago), xoves 21, ás 17.00 horas.
  • Imagen como Icono O circo da vida
    Últimos días para visitar a mostra colectiva do alumnado da EASD Pablo Picasso. Sala de exposición Plataforma14, de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas e sábados de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas. Ata o luns 25.
  • Imagen como Icono Espectáculo: Políticamente incorrecto de Ray Cooney
    Esta comedia leva á reflexión sobre se actuariamos de igual forma que os protagonistas, envoltos nunha situación comprometida. Centro Ágora, venres 22 ás 20:30h. Entrada: 5€.
  • Imagen como Icono Our History – A Nosa Historia
    Musical escrito en inglés por alumnos de entre 10 e 18 anos, no que todos cantan en directo. Trátase dunha gala benéfica a favor de Equus Zebra. Entrada: 3€. Fórum Metropolitano, martes 19, a las 19.00 horas.
  • Imagen como Icono Nexos Infantil de 2018: A renovación da música portuguesa
    Obradoiro dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos co emprego de vídeos e cancións. Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela), sábado 16, de 12.00 a 14.00 horas.
  • Imagen como Icono CILX 2018
    Contará con conferencias, paneis temáticos e comunicacións que abranguerán as perspectivas teóricas relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas. Do 13 ao 15 de xuño na Universidade de Vigo. Prazo de inscrición ata o mércores 13.
  • Xornada de portas abertas: Coñecendo a Sal Lence

    Será o martes 19 de xuño, de 10:00 a 17:00 horas. A través dunha exposición, mostrarase a súa vida en viñetas, os seus títulos académicos ou diversas referencias documentais, entre outros.

  • Imagen como Icono Convocatoria de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo para o curso 2018/2019
    Dirixido ao alumnado de 4º da ESO, 1º de bacharelato e formación profesional. O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 22 de xuño de 2018.
  • Imagen como Icono Xornadas: A Transición a debate
    Do 18 ao 20 de xullo na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. Entre outros puntos, analizarase a Transición en Galicia e o papel dos medios de comunicación e do cine nesta época. Límite de participantes de 120 persoas.
  • Imagen como Icono Casares, imaxe e cine (dúas miradas)
    Exposición con medio cento de fotografías realizadas por Carlos Casares ao longo da súa vida e algúns dos retratos tomados no ámbito familiar e dos amigos. Do 12 ao 27 de xuño, na Casa Museo Casares Quiroga.