Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiro para alumnado con autismo. O teatro das emocións

Información xeral
Descrición

O teatro das emocións pretende ser un espazo no que se traballe a través do teatro, as habilidades sociais, comunicativas e emocionais dos nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) nun contexto inclusivo.

O obradoiro realízase coa colaboración de ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña).

Persoas destinatarias

Dirixido a escolares de primaria e especialmente alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

Prazas limitadas.

Período de realización

Desde o 14 de outubro de 2013 ata o 28 de maio de 2014.

Condicións do programa

As solicitudes do alumnado interesado serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidads e as prazas dispoñibles. E dando preferencia se son residentes no Concello da Coruña. Requírese a presentación de diagnóstico.

Horario

Luns e mércores de 18:00 a 19:30 horas.

Custo

40 €/mes

Inscrición alumnado

Do 11 ao 27 de setembro de 2013, a través da ficha online específica

Máis información

OBXECTIVOS

  1. Compartir e gozar da actividade de teatro, aprendendo tamén entre todos, habilidades sociais e emocionais nun contexto inclusivo.
  2. Favorecer e mellorar as capacidades de comunicación interpersoal.
  3. Coñecemento doutros nenos e nenas doutras escolas.
  4. Xerar e potenciar habilidades de autonomía e independencia.

CONTIDOS

  1. Expresión corporal e psicomotricidade.
  2. Xogos de creatividade, de danza e ritmo
  3. Escenificación ligada a improvisación (que impliquen contacto físico …)
  4. Roles (animais, persoas …); Mimo; Desenvolvemento de curtos.
  5. Representación do proxecto ao final do curso

METODOLOXÍA

  1. Adaptada ás diferentes idades e necesidades dos escolares, cun enfoque activo participativo e lúdico.
  2. A idea final é unha representación na que se vexa o traballo feito no curso.

RECURSOS

  1. Equipo docente formado por un profesor de teatro con experiencia con persoas con Diversidade Funcional e unha maestra especilaista en audición e linguaxe e con experiencia en TEA e ocio.
  2. Recursos materiais adaptados ao alumnado participante.

AVALIACIÓN

Mediante reunións e enquisas ás familias.

Centros onde se oferta

Aberto a todos os centros educativos.

LUGAR DE IMPARTICIÓN

O obradoiro impartirase no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) na rúa Matadero, 68 – baixo (A Coruña)

Inscrición
Inscrición alumnado

Do 11 ao 27 de setembro de 2013, a través da ficha online específica

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

www.edu.coruna.es

Educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70