Letras Galegas 2004

Xaquin Mª Lorenzo Fernández

O presente ano 2004 adícase o día das Letras Galegas a Xaquín Mª Lorenzo Fernández, tamén coñecido co alcume de "Xocas".
Naceu en Ourense no ano 1907. Estudiou o bacharelato na súa cidade natal e a carreira de Filosofía e Letras nas Universidades de Santiago e Zaragoza.

Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Irmandade Galeguista de Ourense e tamén dirixiu o Museo Etnográfico de Santiago.
De talante republicano, xunto con Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas, ingresou no Partido Galeguista.
Despois da guerra do 36 foi nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense, actividade que compaxinou coa Arquoloxía, dado que realizou importantes excavacións e catalogacións de restos castrexos nos castros de: Cameixa, Cabanca, Lobeira, Castrobao, etc.

Na súa obra destacan numerosos artigos de Etnografía, Arqueoloxía e Historia, que se publicaron na Revista Nós, no boletín da Real Academia Galega e nos Cadernos de Estudios Galegos, entre outras publicacións.
Ten ademais varias monografías de carácter etnográfico como:

Foi un persoeiro que acadou un grande recoñecemento polo seu traballo, xa en vida. Obtivo distincións como:
a Encomenda de Alfonso X o Sabio e o premio Otero Pedrayo, foi presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro, entre outras.
En 1983 a Diputación de Ourense nomeouno Fillo Predilecto da provincia, e en 1984 a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.
Xaquín Lorenzo morreu en 1989 na súa casa de Lobeira. Todo o seu legado intelectual foi dado ó Museo do Pobo Galego.

Para saberes moito máis sobre Xaquin Lorenzo visita estas páxinas:

Biblioteca Virtual Galega
Aqui podes atopar a biografía, entrevistas, pensamento, epistolario, obras...

IES As Lagoas
Completa cronobiografía do autor e moitas fotos e caricaturas.

Volta ó inicio
Agora imos lembrar algúns dos seus textos facendo unhas actividades de tema etnográfico. Preme na boneca.
Imos completar  un texto, facer un encrucillado e xunta-las dúas partes dunha frase