Lorenzo Varela

 

Lorenzo Varela (1916-1978)

Como consecuencia da diáspora á que se viron obrigados, unha boa parte da intelectualidade galega pola represión desatada da guerra do 36, pódese afirmar que a actividade literaria galega lévase a cabo en Buenos Aires e México, onde os exiliados, e os emigrados anteriormente, toman contacto comenzando un auxe nas publicacións, reimpresións etc., establecendo unha continuidade da cultura galega.

Xesús Lorenzo Varela Vázquez naceu na Habana. De moi novo veu a Galicia para estudiar en Lugo e posteriormente en Madrid a carreira de Filosofía e Letras.
Ó
remata-la guerra civil exíliase en México, onde traballou como redactor da revista "Romance" e da revista "Taller"que entón dirixía Octavio Paz.
Posteriormente instálase en Buenos Aires onde comenza a súa producción poética.
L
orenzo Varela é un claro exponente da literatura dos homes do exilio. A súa poesía sendo de carácter cívico, está chea de lirismo e vai máis alá da protesta ou da denuncia.
E
n 1944 publica "Catro poemas para catro grabados", poemas que acompañan á obra pictórica de Luís Seoane "Mª Pita e tres retratos medievais" que van se-la exaltación de:

  • Mª Pita e a súa fazaña na defensa de A Coruña fronte os ingleses
  • Roi Xordo, dirixente fidalgo na guerra dos Irmandiños.
  • O bispo Adaúlfo, que demostrou a súa inocencia no "Xuicio de Deus".
  • Mª Balteira, soldadeira do Cancioneiro Medieval de escarnio e maldicir.

En 1954 publica a súa obra máis importante "Lonxe" con ilustracións de Luís Seoane. É este un poemario que recolle dúas temáticas, por unha banda a poesía combativa que ten como eixo a guerra civil, e por outra banda a poesía intimista onde manifesta a anguria polo desterro, a saudade e a lonxanía de Galicia.

Volve definitivamente a Galicia no ano 1976, morre en Madrid en 1978 sendo trasladados os seus restos, no ano 1981, a Monterroso, lugar de nacemento dos pais.

E agora unhas ligazóns para saberes moito máis sobre Lorenzo Varela:

http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco/letrasg/lorenzov.htm

Aquí podes atopar moita información, xogos do JClic e unha unidade didáctica en formato PDF.

http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/galego/letgal05.htm

Ademais da información sobre o autor galego e a súa obra, inclúe moitas fotografías, caricaturas e ilustracións dos seus libros.

 

Volve ao inicio
Volve ao inicio
Vai ao índice das Letras Galegas
Vai ás Letras Galegas