A festa do magosto

A castaña e o castiñeiro

Image

A castaña é un dos alimentos máis antigos da Humanidade. O ser humano dende o Paleolítico alimentouse de castañas e landras.

Antes da chegada dos romanos, o castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos. A raíz disto, expandiuse a súa producción de xeito intensivo no noso país. En Galicia e en moitas zonas da Península Ibérica, constituíu a base da súa alimentación ata o descubrimento de América, que será substituída pola pataca e o millo.

As castañas comíanse de numerosas formas: asadas, cocidas, ou se facía fariña con elas.

Nalgún sitios as sirven nun cucurucho de papel ou atravésanas cun fío para poder levalas e comelas con maior comodidade.

O número de castiñeiros diminúe en Galicia, a pesares das repoboacións de cada ano. Ademáis a súa produción tamén foi atacada por enfermidades difíciles de atallar como o "chancro" e a "tinta".

O madeiro dos castiñeiros serviu para facer lume e resulta moi útil para a fabricación de mobles, vigas das casas, apeiros de labranza, cercados, fiestras, portas, cancelos e cestos.

Image

A castaña proporciona uns beneficios considerables tanto polo valor real das exportacións como polo número de quilos comercializados directamente ou por medio de produtos derivados, especialmente das castañas confitadas.

As castañas prodúcense en outono, é a época perfecta para probar o viño novo e celebrar o día de "San Martiño" e a "Festa do Magosto".

Xa o di o refrán: "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

A festa do Magosto

Existen varias teorías sobre a orixe da nomenclatura do magosto: pode vir da expresión do latín "magus ustus" que significa "gran fogueira", ou ben da palabra "magro" que en latín significa grande ou "magus", máxico.

O certo é que proveña de onde proveña, o magosto é unha festa tradicional galega que se celebra no mes de novembro. A tradición dí que se facía unha merenda-cea nos días próximos ao San Martiño, e nesa festa non podían faltar as castañas e o viño novo. Ademáis ás veces isto se acompaña con chourizos, churrasco e augardente para facer a queimada.

Nesta merenda as familias e os amigos reúnense e camiñan polos montes en busca dun lugar que sexa axeitado para facer a festa.

A música acompaña este encontro, tanto mentres recollen os materiais necesarios para prender o lume e preparar a comida coma despois durante a festa.

Cando está acendido o lume haberá que picar as castañas para que non rebenten coa calor. Mentres se asan as catañas, a xente fai cucuruchos de papel para poder collelas sen queimarse.

Ao longo da festa faranse xogos populares, bailes, contaranse contos e lendas, cantigas e algunhas persoas saltan a fogueira para que lles dea boa sorte.

Celebremos este homenaxe aos castiñeiros e as castañas!